Fonte: Amigos da Terra
Amigos da Terra ven de publicar unha "Guía de Consellos para o Aforro de Emisións no teu fogar", unha guía que pretende servir como material de consulta para levar adiante o reto do desafío climático aplicando o aforro e a eficiencia enerxética desde os fogares sobre temas claves como a Enerxía, a Auga e o uso do Transporte. Podes descargala aquí.
Fonte: Amigos da Terra
Veinticinco fogares do municipio de O Barco de Valdeorras comprométense a asumir o reto de reducir as súas emisións ao longo dos 12 meses que dura a campaña, cambiando os hábitos no seu uso coa auga, coa enerxía e co modelo de mobilidade que sustentan. A campaña A Aposta por frear o Cambio Climático no municipio de O Barco de Valdeorras arranca coa presentación o día 17 de Xullo ás 20h da tarde no Salón de Actos do Edificio Multiusos do concello. Alí os participantes firmarán o seu compromiso, farase entrega de mecanismos de aforro e terá lugar unha primeira charla de sensibilización sobre Cambio Climático e Aforro de Auga.
Fonte: DOGA
Resolución conxunta do 18 de febreiro de 2009, do
Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, pola que se convoca a fase autonómica do concurso de
premios sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis 4:
Que facemos no noso tempo de lecer?.