O Concello de Ferrol á través da OMIC, Oficina Municipal de Información ao Consumidor, da un servizo aos consumidores para asesorar e informar aos consumidores, e tamén recepciona as reclamacións dos cidadáns en temas de consumo.
A través da OMIC o Concello de Ferrol dá un servizo de atención gratuíta e directa para que os cidadáns poidan resolver as discrepancias que se poidan xerar por mor de desconformidades derivadas do consumo.
A oficina está na rúa da Igrexa s/n, Mercado da Magdalena, 15.402
Telf. 981 944 150
Horario: de 9.00h a 13.30h
Os relacionados co ámbito do consumo
No ámbito dos Seguros e a Banca a información que se proporciona dende a OMIC é xeral, pois teñen sistemas propios e alleos de atención e defensa ao cidadán nas propias entidades
Tódolos consumidores, persoas físicas ou xurídicas, que compren ou utilicen como destinatarios finais bens, produtos ou servizos.
Non teñen a consideración de consumidores finais quen teñan coma fin a prestación a terceiros dos mesmos, transformación ou comercialización.